Benvidos á páxina da Comunidade de Montes do Rosal.
A nosa Comunidade xunto ás Comunidades de Eiras, Niño do Corvo e San Xoán de Tabagón xestionan os montes veciñais en mans comúns do Concello de O Rosal.
O noso desexo é desenrolar nela tódalas informacións das nosas actividades e de todas aquelas que sexan de interese para poñer en valor e facer sostible os nosos montes.
Percorrer os nosos bosques, a ermida de San Martiño, lugares arqueolóxicos como petróglifos e mámoas; desfrutar das súas paisaxes e dos vestixios da industria artesanal como son os Muíños do Folón e Picón, fan apetecible camiñar polos nosos camiños e sendeiros forestais, e mesmo atopar pozas e fervenzas onde refrescarse.